Notas de prensa
A Cámara prevé incrementar a participación de empresas nas accións do Plan FOEXGA 2010
Mércores 01 de Septembro de 2010
A institución cameral aumentou en máis dun 30% o seu calendario de promoción internacional con respecto ao exercicio anterior. California e a subcontratación europea inician os actividades do segundo semestre.
José García Costas destaca o comportamento favorable das exportacións galegas
Martes 17 de Agosto de 2010
As vendas de Galicia no exterior aumentaron un 18% durante o primeiro semestre de 2010 en relación ao mesmo período do exercicio anterior.
José García Costas, elixido presidente do Consello Galego de Cámaras
Mércores 14 de Xulio de 2010
O empresario vigués asume o cargo co propósito de “traballar duro” polas institucións camerais galegas “respectando a súa individualidade”. Jesús Asorey Carril, responsable da Cámara de Santiago, asume a vicepresidencia da institución.
Os empresarios de Pontevedra e o norte de Portugal estudan denunciar ao Gobierno luso se prospera o sistema de cobro con telepeaxe nas autovías do país veciño
Venres 09 de Xulio de 2010
Opóñense á recadación pero, se non se puidese evitar a medida, demandan que non se aplique ao tráfico de mercadorías, aos traballadores que a diario cruzan o río Miño e ás empresas alí instaladas. Afirman que loitarán pola Eurorrexión e que a decisión tomada polo Goberno de José Sócrates condicionará o crecemento empresarial e os investimentos en Portugal.
A Cámara de Vigo celebra mañá un panel empresarial sobre o sector turístico
Mércores 30 de Xuño de 2010
A xornada estará centrada na definición de futuras estratexias de promoción turística conxunta que permitan sumar esforzos nesta materia. Á cita, que se enmarca dentro das actividades das antenas locais da Cámara, acudirán representantes de varias asociacións provinciais do sector, así como os rexedores de Ponteareas e Salvaterra de Miño.
A Cámara de Vigo tramita dende hoxe a alta dos traballadores autónomos
Venres 25 de Xuño de 2010
A institución cameral acaba de empezar a tramitar a alta dos traballadores autónomos, un paso máis a favor da creación de emprego e que nace co obxectivo de facilitar aos emprendedores a posta en marcha dos seus negocios.
José García Costas, reelixido presidente da Cámara de Comercio de Vigo ata 2014
Venres 18 de Xuño de 2010
O empresario inicia a súa terceira lexislatura ao fronte da institución cameral coa “mesma ilusión que o primeiro día”. José Silveira Cañizares volverá a ocupar a vicepresidencia primeira e José Manuel Fernández Alvariño a vicepresidencia segunda.
Ver nota de prensa
Ver fotografía da toma de posesión
Ver fotografía do novo Pleno
Empresas galegas viaxan á India na primeira misión estudo organizada pola Cámara
Luns 07 de Xuño de 2010
O sector da pesca é o protagonista desta acción, na que está previsto que as firmas galegas fagan un percorrido polos principais portos pesqueiros e comerciais do país: Mumbai, Cochin e Ceñía. A axenda da viaxe contempla a visita aos máis relevantes centros de produción en cada zona.
En marcha un servizo gratuito de información mensual para demandantes de emprego
Xoves 03 de Xuño de 2010
O departamento da institución enviará un boletín coas ofertas de traballo activas na base de datos. As empresas que así o desexen poden introducir, de xeito gratuito, ofertas na bolsa da Cámara, que conta con información de máis de mil candidatos.
Satisfacción das firmas galegas nos encontros empresariais organizados pola Cámara de Vigo para Navalia 2010
Mércores 26 de Maio de 2010
Dúas empresas pertencentes á industria auxiliar do sector confirmaron ao término do evento a sinatura de novos contratos. A concentración de reunións nun mismo lugar e o coste cero da iniciativa son as dúas características máis valoradas polos responsables empresariais participantes nesta misión inversa.
Nota de prensa
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL




