Notas de prensa
Europarlamentarios recibirán empresarios pontevedreses para informarse sobre as peaxes en autovías lusas
Xoves 04 de Novembro de 2010
Os europarlamentarios Luís de Grandes, membro da Dirección Xeral de Transporte da Comisión Europea, e Francisco Millán Món, recibirán en Madrid empresarios pontevedreses para informalos da problemática da instalación de telepeaxes nas autovías lusas.
A Cámara de Vigo celebra o seu segundo panel empresarial turístico coa promoción internacional como obxectivo clave
Xoves 28 de Outubro de 2010
A xornada, que se enmarca dentro das actividades das antenas locais da Cámara, analizou a situación do sector tras a campaña estival.
A Cámara de Vigo aproba o seu presuposto para o ano 2011
Martes 26 de Outubro de 2010
O Pleno da Cámara de Comercio de Vigo aprobou esta mañá o seu presuposto de ingresos e gastos para o ano próximo, que ascenderá os 3.894.660 euros. Trátase dun presuposto "prudente" e acorde coa actual situación económica, pero que permite "manter o nivel de servizos ás empresas".
A Cámara de Vigo e a Asociación Comercial de Braga únense polo desenvolvemento empresarial
Venres 22 de Outubro de 2010
As dúas entidades estableceron un protocolo de cooperación que ten como destinatarios os axentes económicos público e privado que operan na Eurorregión de Galicia e norte de Portugal.
Os produtos do mar levan unha vintena de empresas galegas ata China
Mércores 06 de Outubro de 2010
O departamento de comercio exterior da Cámara organiza cinco accións de internacionalización ao longo do mes de outubro. Italia e Francia serán outros destinos preferentes para a industria da pesca.
Os encontros Eurofish 2010 acollerán 540 reunións empresariais en Conxemar
Martes 05 de Outubro de 2010
A misión inversa, organizada polas Cámaras de Comercio de Vigo e Pontevedra, xerou o pasado ano un volume de negocio aproximado de 12 millóns de euros.
José García Costas recibirá este ano a Medalla de Ouro do CFV
Mércores 22 de Septembro de 2010
O acordo unánime da xunta directiva valora a achega deste empresario ao desenvolvemento de Vigo.
A Cámara prevé incrementar a participación de empresas nas accións do Plan FOEXGA 2010
Mércores 01 de Septembro de 2010
A institución cameral aumentou en máis dun 30% o seu calendario de promoción internacional con respecto ao exercicio anterior. California e a subcontratación europea inician os actividades do segundo semestre.
José García Costas destaca o comportamento favorable das exportacións galegas
Martes 17 de Agosto de 2010
As vendas de Galicia no exterior aumentaron un 18% durante o primeiro semestre de 2010 en relación ao mesmo período do exercicio anterior.
José García Costas, elixido presidente do Consello Galego de Cámaras
Mércores 14 de Xulio de 2010
O empresario vigués asume o cargo co propósito de “traballar duro” polas institucións camerais galegas “respectando a súa individualidade”. Jesús Asorey Carril, responsable da Cámara de Santiago, asume a vicepresidencia da institución.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL