Notas de prensa
Italia e Centroamérica: Próximo obxectivo dos exportadores galegos
Venres 03 de Febreiro de 2012
A Cámara de Vigo abre o prazo de inscripción a empresas para dúas misións comerciais plurisectoriais que percorrerán Milán, San José de Costa Rica e Cidade de Panamá. A institución reforza a súa aposta polas accións de promoción en mercados foráneos como saída da crisis para as empresas galegas.
(Ver nota de prensa)
8 de cada 10 comerciantes afirma que as súas vendas caeron no 2011
Luns 30 de Xaneiro de 2012
O 85% dos comerciantes vigueses asegura no ter recortado persoal nas súas empresas o ano pasado. Os datos despréndense do VI Informe de Conxuntura do Comercio Minorista que a Cámara de Vigo elabora. Ademais, durante o primeiro semestre do ano só un 2% dos enquisados afirmou ter realizado novas contratacións e máis do 90% esperaba poder manter os seus planteis.
A Cámara de Comercio de Vigo lanza un blog
Venres 20 de Xaneiro de 2012
Mostrar contido experto dentro do mercado ao que se dirixe, achegarse a pymes e novos emprendedores e comunicar sobre aquelas accións que poden axudar a outras persoas a ser mellores profesionais, son os obxectivos que se traza a Cámara de Comercio coa estrea da súa nova ferramenta de comunicación: un blog no que participan todos os departamentos da institución con post escritos polo persoal da Cámara, cada un experto na súa área.
As empresas adheridas á Cámara beneficiaranse de descontos na oferta formativa
Luns 16 de Xaneiro de 2012
O departamento de Formación da Cámara de Comercio de Vigo iniciou o calendario de cursos xaneiro-xuño 2012, con 57 accións formativas e con ata 25% de descoto para as empresas adheridas á institución.
Cámara Vigo establece unha "cuota 0" para as empresas que se adscriban
Venres 23 de Decembro de 2011
A Cámara de Comercio de Vigo inicia o proceso de rexistro de adhesión de empresas en cumplimento do Real Decreto Lei 13/2010, co que a pertenencia ás Cámaras deixa de ser obrigatoria e a súa inscripción debe facerse con “carácter previo e expreso”, e polo que se pagará unha “cuota 0”.
Cámaras, Ceoe y Cepyme trabajarán coordinadamente para mejorar la competitividad de las empresas españolas
Xoves 15 de Decembro de 2011
La nueva normativa que trabajaran en conjunto se basará en el mantenimiento de las Cámaras de Comercio como Corporaciones de Derecho público, actualizando los servicios que han de prestar llegando a acuerdos en cada territorio.
8 de cada 10 empresas de Ponteareas vieron reducidas sus ventas en el último año
Venres 02 de Decembro de 2011
La Cámara de Comercio y el Concello de Ponteareas presentaron el Informe de Coyuntura Empresarial y el Estudio Socioeconómico del municipio, cofinanciados con los fondos del plan FEDER.
Ver nota de prensa
Ver Informe de Coyuntura Empresarial
Ver Estudio Socioeconómico
Máis de 300 empresas galegas participan en Euromold'11 representadas pola Cámara de Vigo
Martes 29 de Novembro de 2011
Euromold, a feira máis importante do sector do molde, abre as súas portas desde hoxe e ata o vindeiro 2 de decembro en Frankfurt. Á cidade alemaná chegarán estes días 60.000 visitantes profesionais. A Cámara de Comercio de Vigo participa no encontro representando ás máis de 300 empresas galegas inscritas na Bolsa de Subcontratación Industrial.
Ver nota de prensa
Empresas galegas do sector da pesca viaxan a Croacia para favorecer as exportacións
Luns 28 de Novembro de 2011
11 empresas galegas –10 do sector da pesca e unha vencellada á maquinaria para o procesado del peixe- participan entre o 27 de novembro e o 2 de decembro nunha Misión Comercial a Croacia, Bosnia Herzegovina e Eslovenia, organizada pola Cámara de Comercio de Vigo.
Ver nota de prensa
Rumanía escollida por empresarios galegos para fortalecer lazos comerciais
Luns 21 de Novembro de 2011
Entre o 22 e o 27 de novembro, sete empresas galegas establecerán relacións comerciais en Rumanía a través dunha Misión Comercial organizada pola Cámara de Comercio de Vigo. A actividade, aberta a negocios de todos os sectores, está dominada polas empresas vencelladas á construción ou á pesca.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL