Notas de prensa
A Cámara de Vigo e o BBVA ratifican a súa aposta polas pemes
Martes 17 de Abril de 2012
Dúas entidades acaban de unir as súas forzas mediante un acordo grazas ao cal se poñerá a disposición das empresas adheridas ao ente cameral liñas de financiamento en condicións especiais .
O Goberno recoñece á Cámara de Vigo como institución de mediación
Martes 06 de Marzo de 2012
A Cámara de Vigo lanzou hai 10 anos o seu servizo de mediación, apostando pola “cultura do acordo” como medio de solución de conflictos. O Real Decreto-Lei 5/2012 confirma agora que a dirección era a correcta, ao impulsar o uso desta figura e asignar ás Cámaras un papel destacado no seu desempeño. (Ver nota de prensa)
Axudas e subvencións dunha forma sinxela e directa na Web da Cámara de Vigo
Martes 06 de Marzo de 2012
Buscar por Internet as axudas e subvencións abertas polos distintos organismos é unha tarefa engorrosa. Ofrecer aos emprendedores e empresarios esta información de forma clara, concisa e organizada, é o obxectivo da nova ferramenta integrada na Web da Cámara de Vigo. (Ver nota de prensa)
Máis de 30 cooperativas de Galicia e o norte de Portugal entablan contactos para exportar conxuntamente
Xoves 01 de Marzo de 2012
Relacionarse dun modo transfronterizo con outras cooperativas nas que poder apoiarse para crear plans de internacionalización. Éste é o principal obxectivo das xornadas ‘As cooperativas e a internalización’ organizadas pola Cámara de Vigo a través do programa Coopera+ e que incluiron ponencias de expertos. Ver nota de prensa
Cooperativas de Galicia y el norte de Portugal aprenderán procesos de internacionalización
Luns 27 de Febreiro de 2012
Relacionarse de un modo transfronterizo con otras cooperativas en las que poder apoyarse para crear planes de internacionalización. Este es el punto clave de las jornadas “As cooperativas e a internacionalización” que la Cámara de Vigo organiza para el próximo 1 de marzo. Los encuentros servirán además de fuente de información a las entidades.
Italia e Centroamérica: Próximo obxectivo dos exportadores galegos
Venres 03 de Febreiro de 2012
A Cámara de Vigo abre o prazo de inscripción a empresas para dúas misións comerciais plurisectoriais que percorrerán Milán, San José de Costa Rica e Cidade de Panamá. A institución reforza a súa aposta polas accións de promoción en mercados foráneos como saída da crisis para as empresas galegas.
(Ver nota de prensa)
8 de cada 10 comerciantes afirma que as súas vendas caeron no 2011
Luns 30 de Xaneiro de 2012
O 85% dos comerciantes vigueses asegura no ter recortado persoal nas súas empresas o ano pasado. Os datos despréndense do VI Informe de Conxuntura do Comercio Minorista que a Cámara de Vigo elabora. Ademais, durante o primeiro semestre do ano só un 2% dos enquisados afirmou ter realizado novas contratacións e máis do 90% esperaba poder manter os seus planteis.
A Cámara de Comercio de Vigo lanza un blog
Venres 20 de Xaneiro de 2012
Mostrar contido experto dentro do mercado ao que se dirixe, achegarse a pymes e novos emprendedores e comunicar sobre aquelas accións que poden axudar a outras persoas a ser mellores profesionais, son os obxectivos que se traza a Cámara de Comercio coa estrea da súa nova ferramenta de comunicación: un blog no que participan todos os departamentos da institución con post escritos polo persoal da Cámara, cada un experto na súa área.
As empresas adheridas á Cámara beneficiaranse de descontos na oferta formativa
Luns 16 de Xaneiro de 2012
O departamento de Formación da Cámara de Comercio de Vigo iniciou o calendario de cursos xaneiro-xuño 2012, con 57 accións formativas e con ata 25% de descoto para as empresas adheridas á institución.
Cámara Vigo establece unha "cuota 0" para as empresas que se adscriban
Venres 23 de Decembro de 2011
A Cámara de Comercio de Vigo inicia o proceso de rexistro de adhesión de empresas en cumplimento do Real Decreto Lei 13/2010, co que a pertenencia ás Cámaras deixa de ser obrigatoria e a súa inscripción debe facerse con “carácter previo e expreso”, e polo que se pagará unha “cuota 0”.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL