Certificados dixitais
A Cámara de Comercio de Vigo, como Autoridade de Rexistro de Camerfirma, ofrécelle a posibilidade de obter o seu certificado dixital.
¿Qué é e para qué sirve un certificado dixital?
Un certificado dixital é o equivalente electrónico a un documento de identidade. Permítenos identificarnos, asinar e cifrar electronicamente documentos e mensaxes.
O certificado dixital garante
- A integridade dos datos transmitidos.
- A súa procedencia.
- A detección de calquera modificación que poida sufrir.
Estas utilidades son de gran valor á hora de realizar trámites a través de Internet coas Administracións Públicas, coas Cámaras e outras institucións, de xeito áxil e seguro. Evitan desprazamentos e aforran tempo e diñeiro.
¿Para qué pode empregar o seu certificado dixital?
Co seu certificado dixital, poderá
- presentar declaracións
- pagar impostos
- obter certificacións electrónicas
- asinar facturas electrónicas
- facer numerosas xestións ante a Administración Xeral do Estado
- un crecente número de Autoridades das Administracións Autonómicas e Locais.
¿Cómo obter o seu certificado dixital?
Para solicitalo, visite a páxina web de Camerfirma: www.camerfirma.com , e realice a súa solicitude.
En breve recibirá un correo electrónico coa documentación necesaria para a súa obtención.
Acuda á Cámara de Vigo para acreditarse e finalizar o trámite, e finalmente o certificado lle será enviado por correo electrónico.
¿Qué é Camerfirma?
Camerfirma é a Autoridade de Certificación Dixital das Cámaras de Comercio.
¿Qué certificados ofrece Camerfirma?
- Certificados en software:
- Certificado de Pertenza á Empresa: permite que o seu titular se identifique como traballador pertencente a unha empresa.
- Certificado Dixital de Personalidade Xurídica: identifica a unha entidade con personalidade xurídica.
- Certificados en tarxeta:
- Certificado sen poderes.
- Certificado con poderes.
- Certificado de Servidor Seguro.
- Certificado de e-factura