Cadernos ATA
A Cámara de Comercio de Vigo presta o servizo de emisión de Cadernos ATA directamente. Para iso é necesario presentarnos a oportuna solicitude cuns días de antelación á data requerida.
- Descargar a solicitude de Caderno ATA (Documento PDF)
- Descarga das instrucións de cumprimentación da solicitude do Caderno ATA (Documento PDF)
Para qué sirve un Caderno ATA
- Para que calquera tipo de mercadoría, non perecedoira (alimentos ou bebidas), ou que requira unha elaboración ou reparación, poida viaxar fóra das suas fronteiras
- Para ser amosado en feiras e exposicións, de carácter comercial, tanto privadas como oficiais
- Para que os representantes comerciais ensinen os seus mostrarios en varios países sen necesidade de cambiar de documentación
- Para mover mercadorías e equipos para a realización de traballos de tipo profesional: prensa, radio, cine, instalacións técnicas, teatro, acontecementos deportivos, etc.
Vantaxes dun Caderno ATA
- Facilidade na obtención do documento
- Baixo prezo
- Posibilidade de viaxar a un gran número de países co mesmo documento
- Axilización e simplificación do trámite aduaneiro
- A garantía é única, con independencia do número de países que se vaian a visitar