Recomendacións
O currículum vitae (c.v., que en latín quere dicir "carreira da vida") é a ferramenta básica para a procura de emprego, e serve para redactar de forma clara a traxectoria profesional, intereses e habilidades persoais. Debe ser breve, abofé, con frases curtas, esquemático, organizado e coherente. Preténdese que a persoa que o lea coñeza os datos principais do candidato en relación co posto de traballo. Para iso, resulta útil utilizar a negrilla e maiúsculas.
Os apartados
Deben estar ben definidos e redactados, incluíndo:
- Datos personais: nome, apelidos, data de nacemento,...
- Formación:
- Titulación académica e complementaria
- Hai que destacar data do curso, entidade organizadora e lugar de realización.
- Idiomas:
- nivel
- cursos acreditativos
- estancias no extranxeiro.
- Informática:
- programas que se manexan
- cursos que o demostran.
- Experiencia:
- posto, nivel e empresa na que se traballou
- funcións relacionadas co posto ao que se opta
- datas inicio-fin.
- prácticas da carreira
- traballos non remunerados
- voluntariado,...que teña relación coa labor a desenvolver na empresa.
- Outros datos de interese:
- publicacións
- participación en eventos
- obxectivo profesional
- características personais que teñan relación co posto.
- A presentación é fundamental:
- impecable
- limpo
- e ordenado
- Pode elaborarse de manera cronolóxica (ordenando por datas os datos):
- indicado para persoas que contan cunha traxectoria profesional estable e ascendente, sen altibaixos nin períodos en branco inxustificados.
- Céntrase máis nos postos desempeñados que nas habilidades adquiridas.
- Pode ir ordenado do recente ao antigo ou viceversa.
- Convén destacar en primeiro lugar aquel traballo que teña máis relación co posto ao que se opta.
- o funcional (se o desenvolvemento profesional conleva perfís distintos).
No arquivo adxunto propoñemos un modelo de curriculum vitae (Documento Word)
A Carta
O c.v. debe ir acompañado da carta de presentación.
O obxectivo de ésta é dobre:
- espertar o interese de quen vai a recibir a candidatura, para que lea o c.v. coa atención que merece
- e destacar os datos específicos do c.v. que o converte na persoa idónea para o posto.
Débese redactar unha carta de presentación para un perfil do posto. A carta de presentación típica é ás veces perxudicial. Pode ser como resposta a un anuncio de emprego ou por candidatura espontánea. Aquí podes ver un modelo de carta de presentación (Documento Word)