Notas de prensa

Empresas galegas viaxan á India na primeira misión estudo organizada pola Cámara

O sector da pesca é o protagonista desta acción, na que está previsto que as firmas galegas fagan un percorrido polos principais portos pesqueiros e comerciais do país: Mumbai, Cochin e Ceñía. A axenda da viaxe contempla a visita aos máis relevantes centros de produción en cada zona.

Ver nota de prensa

 

En marcha un servizo gratuito de información mensual para demandantes de emprego

O departamento da institución enviará un boletín coas ofertas de traballo activas na base de datos. As empresas que así o desexen poden introducir, de xeito gratuito, ofertas na bolsa da Cámara, que conta con información de máis de mil candidatos.

Ver nota de prensa


 

Satisfacción das firmas galegas nos encontros empresariais organizados pola Cámara de Vigo para Navalia 2010

Dúas empresas pertencentes á industria auxiliar do sector confirmaron ao término do evento a sinatura de novos contratos. A concentración de reunións nun mismo lugar e o coste cero da iniciativa son as dúas características máis valoradas polos responsables empresariais participantes nesta misión inversa.
Nota de prensa


   

A Cámara de Comercio de Vigo abre o prazo para participar no programa PIPE 2010

A Cámara de Comercio de Vigo abre dende mañaá e ata o 15 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para participar no Plan de Iniciación á Promoción Exterior 2010, máis coñecido como PIPE.

Ver nota de prensa


 

Empresas galegas e estranxeiras manterán máis de 800 encontros vis a vis durante a misión comercial inversa en Navalia

A Cámara de Comercio de Vigo e Pontevedra organizan a acción, que multiplicou por catro o número de participantes con respecto á anterior edición. As cifras non enganan e, en plena crise internacional, a misión comercial inversa que con motivo de NAVALIA organiza a Cámara de Comercio de Vigo xunto coa de Pontevedra multiplicou o número de empresas participantes con respecto á anterior edición. 

Ver nota de prensa
Ver foto


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL