Notas de prensa

José García Costas, elixido presidente do Consello Galego de Cámaras

O empresario vigués asume o cargo co propósito de “traballar duro” polas institucións camerais galegas “respectando a súa individualidade”. Jesús Asorey Carril, responsable da Cámara de Santiago, asume a vicepresidencia da institución.

Ver nota de prensa

Ver fotografía

 

Os empresarios de Pontevedra e o norte de Portugal estudan denunciar ao Gobierno luso se prospera o sistema de cobro con telepeaxe nas autovías do país veciño

Opóñense á recadación pero, se non se puidese evitar a medida, demandan que non se aplique ao tráfico de mercadorías, aos traballadores que a diario cruzan o río Miño e ás empresas alí instaladas. Afirman que loitarán pola Eurorrexión e que a decisión tomada polo Goberno de José Sócrates condicionará o crecemento empresarial e os investimentos en Portugal.

Ver nota de prensa 


 

A Cámara de Vigo celebra mañá un panel empresarial sobre o sector turístico

A xornada estará centrada na definición de futuras estratexias de promoción turística conxunta que permitan sumar esforzos nesta materia. Á cita, que se enmarca dentro das actividades das antenas locais da Cámara, acudirán representantes de varias asociacións provinciais do sector, así como os rexedores de Ponteareas e Salvaterra de Miño.
 

Ver nota de prensa


   

A Cámara de Vigo tramita dende hoxe a alta dos traballadores autónomos

A institución cameral acaba de empezar a tramitar a alta dos traballadores autónomos, un paso máis a favor da creación de emprego e que nace co obxectivo de facilitar  aos emprendedores a posta en marcha dos seus negocios.

Ver nota de prensa


 

José García Costas, reelixido presidente da Cámara de Comercio de Vigo ata 2014

O empresario inicia a súa terceira lexislatura ao fronte da institución cameral coa “mesma ilusión que o primeiro día”. José Silveira Cañizares volverá a ocupar a vicepresidencia primeira e José Manuel Fernández Alvariño a vicepresidencia segunda.

Ver nota de prensa
Ver fotografía da toma de posesión
Ver fotografía do novo Pleno


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL