Notas de prensa

A Cámara celebra unha xornada centrada na competitividade das pymes

A Cámara de Comercio de Vigo celebra mañá o seminario "O cambio como base da mellora competitiva: un modelo para as pymes", unha xornada de sensibilización que se enmarca dentro do Proxecto Feira do Coñecemento. Ao lago desta charla o consultor Gerardo Estévez reflexionará sobre a sobre a importancia do cambio continuo nas empresas e proporá unha metodoloxía para propiciar este cambio estratéxico.

Ver nota de prensa

 

 

Emilio Duró ofrece aos empresarios vigueses un novo xeito de superar as dificultades

 

A Cámara de Comercio de Vigo celebrará mañá un seminario para directivos cun relator de excepción: Emilio Duró. Este consultor e conferenciante internacional presentará o seminario "Intelixencia emocional: o coeficiente de optimismo", unha ferramenta clave para alcanzar o éxito e superar épocas de dificultade.

Ver nota de prensa


 

Cámara de Comercio e Caixanova organizan o IV Concurso de Escaparates de Nadal

A campaña de Nadal xa está na rúa e é, con toda seguridade, o próximo obxectivo para o comercio. Así, os meses de novembro e decembro convertéronse dende hai algúns anos nun período no que a imaxinación e a orixinalidade son o mellor reclamo para atraer os clientes e fomentar as vendas. Por iso a Cámara de Comercio de Vigo quere premiar o esforzo e traballo dos comerciantes nestas datas tan sinaladas, e tras un exercicio de novo economicamente complicado.

Ver nota de prensa


   

A Cámara acolle mañá un encontro bilateral entre empresas galegas e do Norte de Portugal

A Cámara de Comercio de Vigo acollerá mañá un encontro bilateral entre empresas galegas e do Norte de Portugal grazas ao acordo asinado o pasado mes de outubro entre a institución cameral Asociación Comercial de Braga (ACB). Serán case 40 as empresas que participarán nesta cita empresarial que inaugurará o presidente da Cámara de Vigo, José García Costa, e o presidente da Agência para ou Investimento e Comércio Externo de Portugal (AIPCEP), o profesor Basilio Horta.

Ver nota de prensa


 

A Cámara de Vigo presenta aos empresarios o Servizo de Intelixencia Tecnolóxica Internacional

Fomentar a competitividade das pymes viguesas nos mercados internacionais. Con este obxectivo nace o Servizo de Intelixencia Tecnolóxica Internacional, SITI, o novo programa posto en marcha pola Cámara de Comercio de Vigo en colaboración co Consello Superior de Cámaras e que será presentado mañá ás empresas da demarcación cameral ás 17 horas. Durante hora e media as pymes recibirán información dos requisitos a cumprir para beneficiarse do devandito Programa, o seu funcionamento e as posibilidades competitivas que implica a aplicación da Intelixencia Tecnolóxica na súa empresa.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL