Notas de prensa

O proxecto Red Genera pon en marcha un sistema que facilita a xestión de residuos das empresas

Ecored axuda a cumprir coa normativa galega nesta materia, manter un contacto máis áxil cos xestores de residuos e a coñecer cáles e qué cantidade de residuos se producen. Cun solo "clic", o empresario poderá elaborar informes para a toma de decisións e as memorias que esixe a Administración.

Ver nota de prensa

 

A Cámara programa 68 accións formativas para o primeiro semestre do ano

A institución cameral presenta por primeira vez dous cursos de inglés preparatorios para os exames oficiais de Cambridge. A gran demanda de alumnos nos últimos anos propiciou, ademais, a ampliación de horarios nestes ensinos, que tamén se impartirán polas mañás.

Ver nota de prensa


 

O 58,83% das empresas da Cámara de Vigo non pagan ningún tipo de cotas

Segundo a base de datos da Cámara de Comercio de Vigo, elaborada coa información facilitada pola Axencia Tributaria, o número de empresas ou empresarios individuais (persoas físicas ou xurídicas) que conforman o censo da institución cameral ascende, nestes momentos, a 39.625.  Os electores están suxeitos ao pagamento do chamado recurso cameral permanente, por tres conceptos: Imposto de Sociedades (empresas), IRPF (Empresarios Individuais) e Imposto de Actividades Económicas.

Ver nota de prensa


   

A Cámara celebra unha xornada para coñecer as necesidades das pymes

A Cámara de Comercio de Vigo celebra mañá o seminario "Como detectar as necesidades de cambio na pyme", unha xornada de intensificación que se enmarca dentro do Proxecto Feira do Coñecemento. Ao lago desta charla, diferentes profesionais reflexionarán sobre as posibilidades que ofrecen os centros de investigación e as necesidades que teñen as empresas no seu día a día.

Ver nota de prensa


 

Máis de medio millón de pymes se benefician dos servizos das Cámaras de Comercio e máis da metade xa está exenta da cota cameral

 

A supresión da cota coa que se cofinancian as Cámaras de Comercio, prexudica, de forma directa, ás empresas con menos ingresos, as PYMES e que son as beneficiarias dos principais servizos que prestan as Cámaras, cunha contribución moi limitada.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL