Notas de prensa

Cámara de Comercio e CEP denuncian o trato negativo a Vigo e provincia

Os presidentes da Cámara de Comercio de Vigo e da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP),  José García Costas e José Manuel Fernández Alvariño, respectivamente, saíron hoxe na defensa de Vigo e da provincia de Pontevedra, diante da marxinación que sofren nos proxectos de infraestruturas e que pon en risco a competitividade do tecido empresarial. 

Ver nota de prensa

 

A Cámara de Vigo fomenta o emprendemento en máis de 350 mozos

A Cámara de Vigo inicia as Xornadas para o Fomento do Espírito Emprendedor, coa intención de orientar e sensibilizar a estudantes sobre esta opción laboral. Coa participación de máis de 350 alumnos, en 2011 visitaranse sete institucións.

Ver nota de prensa


 

43 empresas galegas do sector de produtos do mar fortalecen os seus lazos co exterior

 

Por sétimo ano consecutivo as Cámaras de Comercio de Vigo e Pontevedra, celebraron no marco da feira Conxemar o Encontro Internacional da Pesca EUROFISH VIGO 2011, unha misión inversa de comercio exterior na que se levaron a cabo máis de 500 encontros empresariais entre 27 empresas estranxeiras e 43 galegas do sector.
Ver nota de prensa
Ver informe


   

As Cámaras de Vigo e Panamá únense para fomentar os contactos empresariais entre ambos países

Os dous entes camerais firman un protocolo de colaboración para organizar as axendas de traballo nas misións comerciais que se levan a cabo no país centroamericano.

Ver nota de prensa


 

Empresarios demandan aos sindicatos locais que desconvoquen a folga

Os máximos dirixentes da Cámara de Comercio de Vigo, a CEP, Asime e Instalectra condearon a convocatoria de folga dos traballadores do naval de Vigo, prevista para o vindeiro xoves e realizada só polos sindicatos locais, cando as dificultades polas que atravesa o sector son comúns a toda España.

Ver nota de prensa

Ver fotografía


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL