Notas de prensa

Empresas galegas do sector da pesca viaxan a Croacia para favorecer as exportacións

11 empresas galegas –10 do sector da pesca e unha vencellada á maquinaria para o procesado del peixe- participan entre o 27 de novembro e o 2 de decembro nunha Misión Comercial a Croacia, Bosnia Herzegovina e Eslovenia, organizada pola Cámara de Comercio de Vigo.

Ver nota de prensa

 

Rumanía escollida por empresarios galegos para fortalecer lazos comerciais

Entre o 22 e o 27 de novembro, sete empresas galegas establecerán relacións comerciais en Rumanía a través dunha Misión Comercial organizada pola Cámara de Comercio de Vigo. A actividade, aberta a negocios de todos os sectores, está dominada polas empresas vencelladas á construción ou á pesca.

Ver nota de prensa


 

Unha decena de empresas viguesas viaxa a Australia e Nova Zelanda para establecer lazos comerciais

A Cámara de Comercio de Vigo continúa promovendo ás nosas empresas no exterior, cona organización dunha Misión Comercial a Nova Zelanda e Australia. Once compañías viguesas participarán entre o 14 e o 27 de novembro nesta acción.

Ver nota de prensa
 


   

Profesionais británicos do sector turístico perciben o potencial de Vigo para viaxes gastronómicas e de ocio e pracer

A Cámara de Comercio de Vigo mantén o seu compromiso co impulso da cidade no exterior a través da visita de profesionais británicos do sector turístico, que coñeceron de primeira man os atractivos de Vigo e poderán promocionalos internacionalmente.

Ver nota de prensa


 

CEP e Cámara de Comercio apostan por especializar, complementar e coordinar os aeroportos de Galicia

A Confederación de Empresarios de Pontevedra(CEP) e a Cámara de Comercio de Vigo presentaron hoxe o seu informe sobre a xestión aeroportuaria de Galicia. O presidente de la CEP, José Manuel Fernández Alvariño, argumentou sobre a necesidade de valorar como unha vantaxe competitiva a existencia de tres aeropuertos en territorio galego.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL